domingo, 25 de diciembre de 2011

Abraham Carreiro no IES "Félix Muriel" de Rianxo


ABRAHAM CARREIRO
Hoxe, martes, 20 de decembro de 2011, Abraham Carreiro veu ao noso Centro a visitarnos e a contarnos como creara a Xoeliki; libro de lectura para os alumnos de 1º de E.S.O. na asignatura de Lingua Galega.

 Durante a charla Abraham díxonos como era o seu lugar de traballo: unha mesa, ordenador, altofalantes para a música... Como se inspirou para os personaxes. Ensinounos os folios nos que debuxara a Xoeliki e fomos vendo evolución da imaxe ata o Xoeliki final.que foi o personaxe que máis lle custou debuxar. Os demais: Barbabranca, o director, Ari...debuxounos sen ter que repetilos tantas veces. Tamén nos adiantou unha imaxe da nai de Xoeliki.
    


Algúns rapaces foron afortunados e levaron a súa caricatura para a casa.
Un compañeiro preguntoulle se o final quedaba así ou ía facer outra historia.
Contestoulle que dentro de 4 meses sairía a segunda parte
Antes de rematar asinou e debuxou a Xoeliki nos libros que lle presentamos.

Pasamos un tempo agradable e entretido